#lembran��as Tumblr posts

  • nuvendepensamentos
    28.07.2020 - 1 year ago

    Muitas pessoas esses últimos meses partiram. Talvez tenham partido com tanta coisa acumulada em seus corações, tantas palavras a serem ditas, tantos eu te amo foram deixados presos.

    Agora a saudade vêem a tona, olho pela janela e só vejo o vazio, almas tristes navegando pela imensidão.

    Então diga agora o que sente, se exprece, cante, dance, fale para aquela pessoa o quanto ela é importante.

    Diga eu te amo para sua mãe, abrace bem apertado o seu irmão.

    Fale para seus amigos que sua vida será horrivel sem eles, não haveria cor sem as piadas, sem o coral desafinado.

    Não deixe para amanhã o que pode fazer hoje, não deixe nada pendente pois você pode não estar aqui amanhã, essa pessoa pode não estar aqui amanhã.

    Não deixe essa oportunidade partir,não deixe sua alma vagar por aí com tanto sentimento acumulada, seja forte e fale!

    M. B

    #nuvendepensamentos #notas da vida #sonhos#inspiration #lembran?as #m.moraes
    View Full
  • nuvendepensamentos
    14.05.2020 - 1 year ago

    Prometemos o mundo um ao outro mas acabamos no apocalipse, prometemos consolo e amparo e agora estamos sozinhos.

    A distância trás com sigo a lembrança, a saudade, as lágrimas, trás o desespero.

    Dói sentir falta, dói estar junto, explode logo. Acaba com essa dor.

    O mundo poderia acabar agora já que sem você e com você não tem sentin.

    O que realmente tem sentido?

    #nuvendepensamentos#pensamentos #notas da vida #m.moraes #inspiration #lembran?as
    View Full
  • nuvendepensamentos
    01.05.2020 - 1 year ago

    "Seria tão simples apenas fugir, ignora o que sinto, ignora o que você não sente.

    Mas baby, você não sai dos meus pensamentos e sei que não importa para onde eu vá, nunca vou te superar.

    Olho para suas amigas, elas são dez vezes mais lindas, vivem seguindo os padrões.

    Nunca poderia lutar contra elas pelo seu amor, sei que jamais prestaria atenção em uma esquisitona.

    Te olho de canto, disfarçando meus sentimentos que estão saltando do meu corpo, é complicado estar sempre um passo atras, nunca poder toca-lo.

    Me olho no espelho e não vejo nada de belo, ser diferente as vezes doí, é sempre doí.

    Queria poder dizer que vou lutar pro resto da eternidade para ter seu amor, mas estou desistindo aos poucos e as chances estão se esvaindo.

    Estou desistindo de lutar mas nunca vou deixar de ama-lo, amar seu sorriso, seus lindos olhos, seu espirito, seu senso de justiça.

    Um dia talvez voltarei, mas até lá tente lembrar de mim.

    Adeus!"

    #nuvendepensamentos #notas da vida #pensamentos#sonhos #lembran?as #inspiration #m.moraes
    View Full
  • nuvendepensamentos
    30.04.2020 - 1 year ago
    #notas da vida #nuvendepensamentos#pensamentos #mai.moraes #inspiration #lembran?as #sonhos#life quotes
    View Full
  • yasmin-oliveiraw
    21.04.2020 - 1 year ago

    A gente tem que entender que as vezes as pessoas voltam, as vezes elas se arrependem e as vezes as coisas dão certo, e outras vezes não, na verdade na maioria das vezes não.

    - Autoral

    View Full
  • oivoce-aqui
    22.02.2020 - 1 year ago

    Meu silêncio é uma coisa aterrorizante pra mim, porque eu sou o tipo de pessoa muito barulhenta, que briga, reclama, grita até as coisas serem resolvidas, se eu cheguei no nível de ficar calada, pode saber que eu atingi o ápice da exaustão.

    View Full
  • webyixing
    13.05.2021 - 5 monts ago
    View Full
  • choquejuergas
    11.04.2021 - 6 monts ago

    castelao, cousas

    a carón da natureza (todo) “e no intre en que a terra, para se durmir, vaille virando as costas á luz e o fume das tellas, mesto e leitoso, vaise esparexendo no fondo do val. non é cousa de outro mundo pinta-lo que ven os ollos, que serán comestos polos vermes; pero na paisaxe hai máis cousas que fitar, pois naquel muíño cantareiro dous namorados danse o primeiro bico e naquel pazo do castiñeiro seco ouvean os cans. dende o adro dunha ereixa ollámo-lo val afundido na choiva. a iagua que cae a fío aplaca o fume azul contra as tellas brilantes dunha chouza. os camiños están cubertos de lama e un vendedor de cobertores pasa cabaleiro na súa besta ferrada. velaí o cadro dun pintor; pero aínda hai máis na paisaxe, pois tocan a morto no campanario da ereixa e o son é tan amargurado coma se batesen a campá coa mesma cabeza do morto e non adeviñamos en cal casa do lugar hai desgracia porque todas, todas, están tristes. noite de luar. na beira dunha encrucillada de leenda un cruceiro ten a rentes de si a mesa de pedra onde pousan os mortos para botarlle o responso; por antre os piñeiros amóstranse a ría maina; a lúa está pendurada da ponla dun pino. o pintor ten que evocar algo máis que unha visión, pois na mesa de pedra do cruceiro, aquela mesma trdiña, pousaron o corpo morto dun rapaz que veu do servicio; por aquela congostra vai un estudante de crego cavilando na moza do pano roxo que lle roubou a vocación. e ó lonxe cantan un alalá. mañanciña de domingo. os montes de lonxe teñen azures de patinir; as xestas e os toxos poñen as súas motiñas marelas na divina sinfonía verde da paisaxe. moitas cousas máis ten a paisaxe para un artista, pois nunha ponla daquela maceira o melro de guerra xunqueiro, ‘lucidío e xovial’ aínda, agarda polo abade da aldea para darlle os ‘bons días’; choveu onte; as campás da ereixa repenican unha muiñeira e polos carreiros das veigas deacolá embaixo as formiguiñas negras e roxas veñen á misa. o tempo engalanou cunha tona de ouro e prata o vello castelo feudal; os esclavos do fisco sachan o millo nas leiras; antre os salgueiros sombrizos do fondo do val avístase a fouce do río. o sol bate no lombo da terra. todo está disposto para pintar porque todo é regalía dos ollos; pero na paisaxe hai máis. hoxe é víspera de san xohán, arrecende a colo de nai, cantan os grilos e o vento morno trainos de lonxe o son dun bombardino. mañán lavarémonos con herbas recendentes. anoitecía. a silueta negra dun pino dibuxábase no azul escuro do ceo. todos sabedes que na primaveira os pinos botan milleiros de velas, collendo eisí o aspeito de candieiros xigantes. ¡cantas veces sentimos desexos de acende-las velas dos pinos! pois ben; perto do meu pino acertou a pasa-lo viático aldeán (o crego, dous rapaces, catro mulleriñas que van rezando) e, ¡ou miragre!, o irmán pino, sentindo o momento relixioso e en homenaxe á sagrada forma, alcendeu as súas velas, que estiveron acesas namentres o viático non se perdeu na revolta do camiño. un día de nadal, ollando unha paisaxe que imitaba un nacimento, decateime de que hai máis fermosura nas froliñasdos campos que nas froles de xardín. as froliñas ventureiras que nacen nos campos parecen creadas polo bosco ou por breughel ‘o vello’, namentres que as froles foulentas de xardín semellan os encoiros manteigosos de rubens. dende entón eu quixen ser un ventureiro das letras.”

    camiño esquecido “casales de boa pedra, lagares que lembran fartura, trabes apodrecidas, moreasde tella; todo vai amortaxado con edras, silvas e loureiros, e por riba daquela vizosa vexetación, as follas amarelas e vermellas dunha viña sen froito”

    onde hai un cruceiro “onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado, e cada cruceiro é unha oración de pedra que fixo baixar un perdón do ceo, polo arrepentimento  de quen o pagou e polo gran sentimento de quen o fixo. ¿tendes reparado nos nosos cruceiros aldeáns? pois reparade. a virxe das angustias, enclavada no reverso de moitas cruces de pedra, non é a piedá dos escultores; é a piedade creada polos canteiros. os nosos canteiros, deixándose levar polo sentimento, non podían maxinar un home no colo da nai. para os artistas canteiros xesucristo sempre é pequeno, sempre é o neno, porque é o fillo, e os fillos sempre somos pequenos nos colos das nosas nais.  reparade nos cruceiros e descubriredes moitos tesouros.”

    na noite da derradeira novena de difuntos (todo) “na noite da derradeira novena de difuntos a ereixa estaba inzada de medos. en cada vela escintilaba unha ánima e as ánimas que non cabían nas velas ascesas acochábanse nos currunchos sombrizos e dende alí fitaban os rapaces e facíanlles carantoñas. cada luz que o sacristán mataba era unha ánima acesa que se desfacía en fíos de fume e todos sentíamo-lo bafo das ánimas en cada vela que morría- dende entón o cheiro da cera traime a lembranza dos medos daquela noite.  o abade cantaba o responso diante dunha caixa chea de ósos e no intre defina-lo ‘paternoster’ daba comezo o pranto. catro homes adiantábanse apartando mulleres enlouquecidas de door e cunha man erguían o ataúde econ outra empuñaban unha facha. a procesión tiña remate no osario do adro. os catro homes levaban o ataúde pendurado a rentes do chan e a facha deitada pingando cera por riba dos ósos. detrás seguía o enxamio de mulleres ceibando laídos abrouxadores, moito máis arrepiantes que os do pranto nun enterro de afogados. e se as mulleres carpían, os homes esbaullaban calados. naquela procesión todos tiñan por quen chorar e todos choraban. e aínda choraba baltasara, unha rapaza criada pola caridá de todos que aparecera dentro dun queipo, a carón dun cruceiro, que non tiña pai nin nai nin por quen chorar; mais ela foi collida polo andacio do pranto e tamén se desfacía carpindo con tódolos folgos. camiño das casas unha veciña inquireu da rapaza: —¿por quen chorabas, baltasara? i ela dixo, saloucando: —¿o non ten por quen chorar parécelle pequena desgracia, señora?”

    a ponte vella “a ponte vella xa non rexe cos amores e as traxedias que leva no lombo e calquera día amañece afundida”

    “ela viña da costura; el tornaba do latín. e olláronse de pasada tantas veces na ponte vella que cando pedro entrou no seminario, xa levaba un amor no peito”

    aínda eu non nascera “na bocanoite dun día morno de abril as xentes da miña vila ollaron unha raiola de luz que viña do mar, batendo no campanario da ereixa como unha raiola desol colada por unha fenda das nubes; pero non era de sol nin de luar nin de cousa semellante. aquilo era unha luz de lóstregos, botada por un ollo vixiante, que cachea algo, deténdose de tempo en tempo no campanario da ereixa para sabe-la hora e seguir dispois traballando”

    na cova dos carcamáns “fun esquecéndome do encanto e afíxenme á soedade medoñente e ó bruído das ondas do mar. aínda levo nos ouvidos o son das ondas que escachaban nas pedras e a resposta que facían no fondo da ‘cova dos carcamáns’“

    dous vellos que tamén tiveron mocedade “dous vellos que tamén tiveron mocedade, que se coñeceron nun baile, que logo secasaron por amor e que viviron amándose tolamente. dous vellos, sempre xuntos e sempre calados, que viven escoitando o rechouchio dun xílgaro engaiolado. sen fillos e sen amistades. soios, antonte leváronlle o viático ó vello e onte morreu. a compañeira dos seus días visteuno, afeitouno e puxolle as mans en cruz. hoxe entraron catro homes e sacaron a caixa longa onde vai o morto. a vella saíu áporta da casa, e coa voz amorosa dos días de mocedade, despideuse do seu compañeiro: —¡deica logo, eleuteiro!  e os veciños que acudiran ó espeutáculo tapáronseas bocas e riron cos ventres. a despedida da vella foi rolando e chegou ó casino, e o ‘deica logo eleuterio’ xa se convirteu en motivo de risa. todos, todos, seriron e ninguén se decata con que deloravella namorada chamará pola morte nesta noite de inverno”

    cando bieito quedou orfo “os trafegos da súa vida non lle deran lecer para lembranzas sentimentaes e foi ócabo de trinta anos de loita cando bieito alentou forte e pudo virarse cara ó pasado. e neste punto a morriña metéuselle na caixa do peito”

    manter un animal para comelo “unha vez había dous bois que xa eran moi velliños e que traballaran xuntos toda a súa vida. o amo vendeunos para matar e tiveron que arredarse para sempre... e din que no intre da despedida díxolle un ó outro: —adeus, meu compañeiro,e deica a feira de soutomaor. (na feira de soutomaor había mercado de coiros)”

    View Full
  • apostolofernando
    08.01.2021 - 9 monts ago
    View Full
  • eliobmart
    25.12.2020 - 10 monts ago

    👉"Lembran-do que apesar de tudo, o foco ainda é JESUS CRISTO."🙌

    View Full
  • praza-catalunya
    28.10.2020 - 11 monts ago

    En tempos de pandemia Vila Casas aposta por múltiples exposicións

    Outono do malévolo 2020, tempos de peches sociais. As entidades culturais procuran sobreporse aos ataques do covid-19. As galerías de arte e fundacións reinician as súas programacións negando a opción de ter as portas pechadas. A Fundació Vila Casas, un referente fundamental no panorama barcelonés, abre todos os seus espazos con propostas moi diversas. A seguir falarase só das tres exposicións que enchen as salas dos seus céntricos Espais Volart. Que ten o surrealismo que semella non pasar de moda? Por que Àngel Ferrant creou unha peza á que chamou Pescador de Sada?

    Lito Caramés

    Ferrant. Muchachas enlazadas. 1952

    Àngel Ferrant. L’Amistat Infinita. Fundació Vila Casas

    En la teva alegria innata que no pots negar, que no pots amagar, ja que tota la teva obra ho pregona, en el teu enginy, en la teva fantasia, en aquell ocell paradisíac que s’escapa de la teva dicció, trobem la compensació de tot el què ens fa falta per assolir aquest moment de beatitud necessari per a predisposar-nos davant d’una obra d’art.
      (Revista Dau al Set, dedicada a Àngel Ferrant, maio de 1951).

    O escultor Ángel Ferrant (1890-1961) foi un entusiasta artista, inquieto, preocupado polas derivas que as vangardas ían brindando ao longo dos anos do século XX. Por biografía tocoulle ser coetáneo de todos os grandes movementos renovadores da creación artística. No texto anterior dáse boa conta do antedito ao comprobar como os mozos rachadores de Dau al Set adican un número da súa revista a tan sinalado artista. A finais do ano 1948 un fato de novos artistas crean o grupo artístico Dau al Set e publicarán unha revista homónima. O grupo --posiblemente o primeiro grupo vangardista que nace na península despois da Guerra Civil-- inspírase nas propostas dadaístas e mais na pintura de Paul Klee e de Joan Miró. Os fundadores foron Joan Brossa (o responsable do nome do grupo: non é de estrañar sabendo da paixón de Brossa pola maxia), o filósofo Arnau Puig, o editor Joan-Josep Tharrats e mais os artistas Antoni Tàpies, Modest Cuixart e Joan Ponç, que foi o director da revista homónima que publicaron durante uns anos. Ese dadaísmo e surrealismo que cativaron as ansias creadoras destes novos artistas, xa fixeran o mesmo con Ferrant desde anos antes.

    Que tivo, que segue a ter o surrealismo para que interese tanto? Confronta aos humanos con eses agochados espazos de irracionalidade? Espazos, por outra parte, tan atractivos. É habitual asistir á programación constante de mostras de artistas pretéritos que militaron –de xeitos activos ou seguindo os seus postulados-- nas filas do surrealismo. Nos últimos anos ata van xermolando exposicións dedicadas a mulleres artistas que optaron por ter como referentes o subconsciente e o onirismo. Cómpre lembrar que a galería privada Mayoral ten a honra de ser o primeiro centro cultural de España –público ou privado– onde se presentou unha mostra de mulleres artistas surrealistas. No ano 2017. Xaora!

    Ferrant. Ademán, 1949

    Tempos de pandemia. Meses de peche social, de negritude cultural. O mes de outubro deste malévolo 2020 está a pasar. E seguimos a vivir tempos que xa se deran por pretéritos; tempos que os países máis ricos –soberbios– cualificaran de medievais e irrepetibles. Non hai peor cego que o que non quere ver a realidade. Nesta perspectiva interior, doméstica e moi dura, as galerías de arte e institucións museísticas van artellando actividades coas que seguir a súa vida cultural, negándose á derrota. Agora a Fundació Vila Casas, na súa programación de loita contra o peche, contra o covid-19, presenta obras do artista Àngel Ferrant: L’Amistat Infinita, título que fai referencia á amizade do artista con Xavier Vidal de Llobatera. Ferrant é un escultor que logo se arrimou ao surrealismo. Foi amigo de Alexander Calder, por exemplo, e que expresou nos seus escritos valoracións da escultura como: La escultura es un agujero por el que se ven mundos infinitos.

    Ángel Ferrant viviu dous anos en Galicia, pois foi nomeado catedrático na Escola de Artes e Oficios da Coruña (1918) e participou nas actividades da revista de vangarda Alfar, revista publicada na Coruña e na que escribiron e colaboraron amplos elencos de nomes relacionados co surrealismo: Sonia Delaunay, Angel Ferrant, Juan Gris, Vázquez Díaz, Dalí, André Breton, Paul Eluard e tamén de outras tendencias estéticas. Xa en Barcelona participou (136) na Exposició Logicofobista, integrada plenamente dentro das correntes surrealistas, xunto con amigos e alumnos, como Eudald Serra. Na organización da tal exposició estiveron comerciantes e artistas, moitos deles membros do grupo ADLAN (Amics de l’art nou), colectivo no que estivo Ferrant desde os comezos.  O obxectivo da mostra era dar unha visión panorámica da situación do surrealismo en España, desde Dalí e Miró a xentes máis novas. Alí estivo Remedios Varo unha importante artista surrealista.

    Ferrant. L'ou com balla. 1961

    Por eses anos Ferrant comeza as súas investigacións con obxectos. Con obxectos que o azar presenta diante del, os objet trouvé, liña na que traballaron moitas e moitos artistas. O objet trouvé tamén se denomina found object ou ready-made (obxecto atopado en galego?). Deste xeito, por tras destes cualificativos, xa amosan nomes tan potentes como Marcel Duchamp (o artista xogador de xadrez) ou Joan Miró, outro gran coleccionista de obxectos atopados en praias, no campo e en calquera outro sitio.  Así Ferrant elabora as que el mesmo denominou esculturas intactas (1945), producidas pola acumulación de varios obxectos atopados na natureza. Entre estas creacións están pequenas esculturas elaboradas con pedras de praia e cunchas recollidas nos areais galegos, mentres estivo na Coruña, e que levan nomes que claramente evidencian a súa orixe: Pescador de Sada, ou Paxaro de mar, ou Muller do Regueiro, ou Mariñeiro narciso...

    Ao longo da súa vida Àngel Ferrant pasou por varias etapas creativas. As súas pezas escultóricas, igual ca os seus debuxos e preparacións, van das representacións figurativas ata a máis radical abstracción, moi na liña de tantos outros escultores. Agora nas salas da Fundació Vila Casas é doado contemplar as súas creacións unha vez máis, xa como esculturas, xa debuxos, correspondencia, e mesmo obras de amigos e discípulos seus. Interesante percorrido artístico-epistolar pola vida de Àngel Ferrant. Sobre o carácter deste escultor, da súa alegría (como xa apuntaban os integrantes de Dau al Set) e tamén humor, fala a sucinta escrita que lle envía a Xavier Vidal, o 1 de xuño de 1961 (aquí reproducida): Estoy pensando en L’ou com balla. ¿Te das cuenta de todo lo que te quiero decir? A tradición de L’ou com balla celébrase en Barcelona no día de Corpus Cristi, é dicir por esas mesma datas nas que lle envía a nota desde Madrid.

    Vilallonga. Automne, 1964

     Vilallonga, l’ull interior. Noguera, A tot li cal una paret

    Mi corazón tendría la forma de un zapato
    si cada aldea tuviera una sirena.
    Pero la noche es interminable cuando se apoya en los enfermos
    y hay barcos que buscan ser mirados para poder hundirse tranquilos.
    (F. García Lorca, Luna y panorama de los insectos, en “Poeta en Nueva York”, 1930).

    Jesús de Vilallonga (1927 - 2018) é un artista inclasificable. De certo esta afirmación pódese dicir (os artistas dirano todos de si mesmos) de moitos creadores, pero Vilallonga é especial. Por biografía e por coñecementos de outros artistas coetáneos (como por exemplo Joan Ponç) Vilallonga debería ter formado parte de Dau al Set. Pero non. Estuda en Paría e antes dos 30 anos marcha a Canadá, e alí en Quebec, pasa boa parte da súa vida e onde exercita a súa fantástica creatividade. Alí e nos EEUU é tamén onde agora moran a meirande parte das súas obras vendidas.

    A quen contempla as numerosas obras de Vilallonga que agora colgan nas paredes dos Espais Volat da Fundació Vila Casas, asáltano sensacións contradictorias. Como se fixeron esas composicións? Que lembran? A que espazos remiten? Vilallonga é dono dun mundo de seu, persoal, íntimo ao que deixa acceder a través da maxia que reverten as súas composicións. Esta exposición titúlase L’ull interior. Ese ollo interior ten unha longa historia a través de moitas civilizacións, tanto orientais como occidentais. Está considerado como a capacidade dos humanos de ver máis aló da superficie das cousas, da realidade presente. Vilallonga posúe esa capacidade. Poriso as súas creacións mesturan maxistralmente o surrealismo con certos simbolismos; o lirismo onírico co preciosismo do debuxo. De tales ingredientes ten que saír algo moi especial. Por que moitas pezas deste artista semellan ilustracións dfe libros infantís? Vilallonga sempre foi neno, incapaz de abandonar a maxia, o subconsciente.

    Vilallonga. El Creador, 1973

    Jesús de Vilallonga é dono de fermosos xeitos de debuxar con rigor e engado. Sobre ese debuxo de realidades paralelas van xermolando cores vivas, segmentadas, que fornecen as formas figurativas con técnicas pouco habituais. Moitas, moitas das súas obras están feitas sobre pranchas de madeira e coa técnica da pintura con témpera e ovo. Sorprendente. Como se o creador abandonase técnicas maioritarias por outras ás que se accede por rituais iniciáticos, e de tal xeito poder chegar mellor á plasmación desa realidade poético-onírica que leva dentro e tanto lle custa reflectir. Tal cousa é doado atopala na súa peza Automne (aquí reproducida) onde un bosque espectral asiste, xunto cunha lúa moi escura, á aparición dun ser moi estraño: Un cuadrúpedo do terciario? Animal imaxinario que leva na barriga unha muller espida? E que dicir de El creador? Quen é ese creador? Creador de que? Outro animal máxico capaz de transportar a quen observa a mundos máxicos, a metarrealidades. De que cosmogonía está a falar ese animal?

    A creatividade de Vilallonga non acaba na pintura tan espacial. Ten esculturas, collages, gravados,  etc. No seu camiño diríase que foi da man de artistas como Chagall ou Ponç, que viaxou polas pinturas metafísicas de Giorgio de Chirico e tamén por onde camiñaba Puvis de Chavanne. No ano 1981 Vilallonga comezou a traballar nun ambicioso friso de persoeiros: Portrait imaginaire de 24 génies universels d’aujourd’hui. Esas 24 persoas, sobre un espazo de case cinco metros de longo, son para el os seus grandes referentes. Hai nese friso pintores como Chagall, Francis Bacon, Dali, escultores, Moore; Buñuel e Kurosawa, cineastas, escritoras e escritores: Yourcenar, Simone de Beauvoir, Senghor, Grass, Garcia Marquez, etc.

    Vilallonga. Seducció. 1978

    A terceira mostra coa que a Fundació Vila Casas foxe das clausuras impostas pola actual pandemia, é a dedicada ao artista multidisciplinar Pere Noguera: A tot li cal una paret. Noguera (1941) é un artista que xa desde os anos 70 aproxímase ao coñecido como arte povera, e nas súas esculturas, instalacións e ensaios fotográficos mira de fixarse na realidade presente, e dentro dela daquilo que non é precisamente fermoso. Moitas das pezas presentadas agora en Vila Casas poden clasificarse de naturezas mortas; pero naturezas mortas elaboradas co lixo industrial: restroballos tecnolóxicos, envases de tanta e tanta medicina consumida nos países ricos e excedentarios enfrontados a outra peza: a cruz vermella anunciadora dunha farmacia.

    Noguera, desde o conceptualismo traballa tamén creacións efémeras, instalacións provisionais e reproducións audiovisuais. E non deixa de apuntarse ao Pop Art. A peza Manuel de Falla (1991), confeccionada con 100 fotocopias do billete de 100 pesetas. En cada fotocopia a cabeza de Falla está manipulada de varios xeitos: con barba, con chapeu, etc.

    Lito Caramés

    Noguera. Màquina d'escriure, Tampons i llibre. 1979

    EXPOSICIÓNS: L’Amistat infinita, L’ull interior e A tot li cal una paret

    Espais Volart, Fundació Vila Casas

    ata o 20 de decembro de 2020

    View Full